ALCALDÍA

Martiño Noriega reúnese co alcalde de Boqueixón

01/10/2015 O alcalde de Santiago reuniuse co seu homólogo en Boqueixón, Ovidio Rodeiro, nun encontro que se enmarca na rolda de contactos que Martiño Noriega vén mantendo nas últimas semanas cos rexedores da comarca. Os dous alcaldes falaron dalgunhas preocupacións comúns dos dous municipios, fundamentalmente en materia de infraestruturas e servizos.

O rexedor de Boqueixón expresoulle a Martiño Noriega a súa preocupación polo estado no que se atopa o vial AC-261, que une a parroquia de Rodiño (Boqueixón) con Compostela. Segundos explicou Ovidio Rodeiro, a estrada necesita algunhas melloras, tendo en conta que é moi utilizada por veciños de Boqueixón, Vila de Cruces e Trazo. A responsabilidade de executar esas obras correspóndelle á Xunta, posto que o vial é titularidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Os dous alcaldes tamén empezaron a explorar posibles vías de colaboración en materia de servizos, e a posibilidade de compartir recursos en materia de deportes e cultura.

Compartir: