TURISMO

Santiago, un modelo tamén para Alemaña

02/10/2006 O concelleiro de Turismo, Francisco Candela, recibiu na Casa do Concello a unha delegación de parlamentarios de Baviera (Alemaña), interesados en coñecer algunhas das iniciativas desenvolvidas no noso Concello.

Os representantes alemáns amosaron especial curiosidade por todos aqueles temas relacionados co turismo e coa proxección exterior de Compostela. Por iso, ninguén mellor que o concelleiro de Turismo para falarlles polo miúdo deste tema, ademais doutras cuestións relacionadas coa cidade e co seu papel en Galicia e en España.

Compartir: