TURISMO

A Santiago de Compostela Film Comission presenta a cidade a localizadores norteamericanos

29/09/2006 Unha xuntanza en Madrid permitirá á Santiago de Compostela Film Comission presentar os recursos fílmicos da cidade ante oito destacados expertos na selección de localizacións para rodaxes da industria hollywoodiense. O grupo atópase en España grazas á viaxe de familiarización organizada pola Spain Film Comisión para poñelos en contacto cos principais destinos fílmicos do país.

O encontro, previsto para o luns 2 de outubro na sede da Comisión Europea no Paseo de la Castellana, permitirá á SCFC expoñer as caraterísticas da capital galega como posible plató cinematográfico, facendo énfase na riqueza das súas localizacións, na súa infraestrutura, nos servizos da industria local e na proximidade de todo tipo de recursos xeográficos.

O auditorio estará composto por oito dos máis activos localizadores norteamericanos, dedicados a escoller os escenarios e espazos nos que se desenvolven algunhas das máis importantes producións de Hollywood, e que contan no seu haber con películas coma "O aviador", "Memorias dunha geisha" e "Cold Mountain".

Compartir: