ORZAMENTOS

Apróbanse inicialmente os orzamentos para o 2005

11/04/2005 O pleno celebrado o luns 11 de abril aprobou inicialmente o proxecto de orzamentos para o ano 2005, así como o cadro de persoal.

Os orzamentos municipais e o cadro de persoal para o ano 2005 obtiveron o visto bo do pleno municipal celebrado o luns 11 de abril, quedando así aprobados inicialmente. Estimáse que, unha vez cumpridos os trámites, os orzamentos poderían estar aprobados definitivamente no mes de maio.

Os orzamentos do presente ano teñen un carácter redistribuidor, posto que, segundo sinalou o Alcalde compostelán, barrios e zonas rurais centrarán as inversións. Os orzamentos para o 2005 teñen unha estimación de ingresos de 90.146.226 de euros e de 85.646.256 euros no capítulo de gastos.

Estas cantidades supoñen un 9% menos respecto dos orzamentos do ano 2004, en parte debido á aportación extraordinaria que supuxo o Ano Xubilar a través do Consorcio de Santiago, e en parte polo descenso das cotas de urbanización de construcción nos novos polígonos que se aportaban a través da sociedade municipal de vivenda, EMUVISSA.

Direcciones relacionadas



Compartir: