TURISMO
O acordo fai énfase no carácter común de Patrimonio da Humanidade e metas de peregrinacións milenarias de ambas cidades e constitúe, de acordo con Candela, "unha porta aberta para a entrada comercial e turística da imaxe de Compostela en China".
Candela viaxou a China o pasado 19 de setembro xunto ao arquitecto responsábel da Oficina de Rehabilitación do Concello, Javier Fernández, para supervisar o avance dos plans de desenvolvemento turístico e de recuperación urbana da Cidade Ming.
Ámbalas iniciativas, de factura compostelá, inscríbense no programa europeo Asia Urbs Heritage, que emprendeu diversas actuacións para a rehabilitación e preservación do casco histórico de Qu Fu, así como para a súa promoción turística, en momentos en que se aproxima a celebración dos Xogos Olímpicos de Beijing de 2008. Os plans están sendo desenvolto por Santiago de Compostela e Rennes desde 2005.
Compostela asina o seu irmanamento coa cidade chinesa de QuFu
27/09/2006 Representantes do Concello de Santiago regresaron de China tras supervisar o avance das propostas compostelás para a reordenación turística e patrimonial de Qu Fu, e asinar o documento definitivo de irmanamento entre ambas cidades Patrimonio da Humanidade.
O concelleiro compostelán de Turismo, Francisco Candela, representou a Santiago de Compostela nun acto celebrado o 23 de setembro na cidade chinesa de Qu Fu, no que se produciu o irmanamento oficial entre o berce de Confucio e a cidade do apóstolo Santiago. O documento, asinado previamente polo alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, foi referendado nese acto polo alcalde de Qu Fu, Zhang Shuping.O acordo fai énfase no carácter común de Patrimonio da Humanidade e metas de peregrinacións milenarias de ambas cidades e constitúe, de acordo con Candela, "unha porta aberta para a entrada comercial e turística da imaxe de Compostela en China".