ALCALDÍA

Concello e Ministerio de Vivenda concretan as actuacións para a Praza de Abastos

26/09/2006 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo mantivo un encontro coa subdirectora Xeral de Arquitectura do Ministerio de Vivenda, Inés Sánchez de Madariaga, que xirou fundamentalmente entorno á remodelación da Praza de Abastos.

Unha vez subsanadas tódalas dificultades que xurdiron arredor do proxecto, o documento no que se recolle a remodelación da Praza chegou ao Ministerio de Vivenda, onde está sendo supervisado por técnicos da Admistración do Estado. Goberno central, Xunta e Concello terán que definir agora os termos nos que se asinará o convenio para levar a cabo o inicio das obras.

Na xuntanza tamén participaron os concelleiros de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón, e de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, ámbolos implicados neste proxecto.

Compartir: