CULTURA

"El florido pensil" regresa a Compostela sete anos despois

25/09/2006 O segundo semestre de Teatro en Xira 2006 ábrese coa representación de "El florido pensil", de Andrés Sopeña, a cargo da compañía vasca Tanttaka Teatroa. Despois de pasar xa en 1999, volve a Santiago esta obra, que xa leva 10 anos en cartel e que en febreiro deste ano abriu unha nova etapa. A cita é o martes 26 e o mércores 27, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

A obra narra as vicisitudes duns rapaces sometidos á brutalidade do sistema educativo que dominou a España da posguerra. Os seus personaxes irá descubrindo ao espectador un fresco no que se suceden os escenarios da acción: en primeiro lugar a escola e, posteriormente o cine de barrio, a radio familiar, a igrexa e a prensa. O fresco inclúe tamén unha variada avifauna de personaxes nos que se mesturan heroes do cine e do cómic con mestres, xóvenes con curas e voces de nomes míticos como Matías Prats, Pedro Pablo Ayuso ou Matilde Conesa.

A representación da obra en Compostela foi presentada polo concelleiro de Cultura, Néstor Rego, que destacou a "oportunidade" desta obra cando en Galicia se celebra o "Ano da memoria". Acompañárono Patricia Maceira, da Fundación Caixa Galicia, e un dos actores da obra, Julio Perugorría.

Compartir: