CULTURA E RELACIÓNS VECIÑAIS

Nova cita co programa "Imos ao baile"

28/05/2015 Remata o mes de maio cunha nova cita do programa Imos ao baile. Este sábado 30, a sesión será no Centro Sociocultural de Vite (rúa de Carlos Maside, 7) a partir das 17:30 horas.

As concellerías de Cultura e de Relacións Veciñais, convidan a veciñanza a pasar unha tarde de festa amenizada polo grupo Channel. A actividade está dirixida a público adulto e a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Compartir: