CURTOCIRCUÍTO

A penúltima proxección de CurtoCircuíto na Rúa amosou as mellores curtametraxes de videocreación

22/09/2006 Os espectadores da penúltima sesión de CurtoCircuíto na Rúa achegáronse á Praza de Abastos para ver unha selección das mellores curtametraxes de videocreación chegadas á cidade, precedidas por unha moi divertida sesión de música intercalada con improvisación en directo de Malandrómena e a Pandilla Alucinante.

A exhibición contou nesta ocasión cunha invitada de honra, Gabriela Medina-Herrera, membro da organización do Signals Media Festival, un festival de curtametraxes de carácter social, creado para a comunidade, que tamén xestiona un centro educativo na cidade británica, onde se imparten cursos relacionados co audiovisual.

Gabriela Medina-Herrera presentou a sesión de curtas de videocreción, entre as que se atopaban sete curtametraxes relacionadas coa música de "Loka", o novo álbum do selo discográfico independente británico, de grande sona internacional, Ninja Tune, que estaban comisionadas por este selo e o Signals Media.

A seguinte proxección de CurtoCircuíto na Rúa, a última, será moi especial, xa que estará dedicada por enteiro a Chano Piñeiro, o xenial director galego, desaparecido hai 11 anos, mais lembrado agora coa proxección das suas curtametraxes. Esta noite proxectaranse en exclusiva os filmes "Eu, o tolo" e "Os paxaros morren no aire", os dous filmes de Chano que nunca foron proxectados en público.

Compartir: