CULTURA E RELACIÓNS VECIÑAIS

Nova cita co programa "Imos de baile", amenizada esta vez polo grupo Zeltia

21/05/2015 O programa Imos ao baile, promovido polas concellerías de Cultura e Relacións Veciñais, regresa coa súa programación este sábado 23 de maio.

A sesión terá lugar a partir das 17:30 horas na sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta e estará amenizada polo grupo Zeltia, que deleitará aos asistentes con música e baile.

Esta actividade está dirixida ao público adulto e a entrada é de balde ata completar o aforo da sala.

Dende as concellerías de Cultura e Relacións Veciñais convidan os veciños e veciñas a pasar unha boa tarde de festa esta fin de semana.

O programa Imos de baile comezou no mes de febreiro e prolongarase ata decembro cun total de 27 sesións en 14 centros socioculturais do municipio.

Compartir: