FESTAS

Os maiores de Compostela viviron no Recinto Feiral de Amio a XVII edición da súa festa

16/05/2015 Celebrouse no Recinto Feiral de Amio a décimo sétima edición da Festa dos Maiores. Este tradicional e concorrido xantar de convivencia, enmarcado nas Festas da Ascensión, contou coa música da orquestra Emperadores.

O alcalde compostelán, Agustín Hernández, e outros membros da Corporación tamén se sumaron a esta Festa dos Maiores. O xantar, composto por un menú no que non faltou o polbo á feira e a carne ao caldeiro, deu paso xa pola tarde a unha sesión de baile.

Compartir: