FESTAS

Ana Obregón, Teté Delgado, Elisa Matilla e Fabiola Toledo presentan a comedia teatral "Sofocos Plus" en Santiago de Compostela

15/05/2015 Ana Obregón, Teté Delgado, Elisa Matilla e Fabiola Toledo son as protagonistas de Sofocos Plus, comedia que poderemos en Compostela. As catro actrices, acompañadas da concelleira de Cultura, María Antón, presentaron a obra esta mañá na Casa do Concello. Poderemos vela este sábado 16, ás 19:00 horas, no Auditorio Abanca, enmarcada dentro das Festas da Ascensión.

Outro guiño irónico sobre os cambios hormonais das mulleres ao chegar a tan temida menopausia. Novas historias cotiás, nunha perruquería, nun supermercado, nun ximnasio. Unha comedia que promete liberar ás mulleres do falso mito da histeria hormonal, unha vez alcanzado o medio século, e que converterá aos homes nos seus cómplices. Agatha Ruiz de la Prada é a encargada do vestiario e escenografía e o elenco inclúe a colaboración virtual do popular presentador Carlos Sobera.

As entradas poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (de martes a sábado de 18:00 a 21:00h), no 902 434 443, e en entradas.abanca.com. Ademais, poderán adquirirse o propio día do evento no Auditorio Abanca dende as 17:00 horas. Os prezos son de 25 € no patio de butacas, 22 € no anfiteatro 1 e 20 € no anfiteatro 2.

Direcciones relacionadas



Compartir: