FESTAS
A Banda Municipal e o Cantorum Compostellana Conjunctio ofreceron un concerto especial na praza das Praterías
14/05/2015 Con motivo das Festas da Ascensión, a Banda Municipal de Música de Santiago, baixo a dirección de Juan Miguel Romero Llopis, e o Cantorum Compostellana Coniunctio ofreceron un concerto especial na praza das Praterías.
Numeroso público achegouse ata Praterías para asistir a este concerto especial que incluíu, entre outras, composicións de Verdi ou Rossini.