BENESTAR SOCIAL

Novos cursos para os usuarios do Plan de Inclusión

22/09/2006 A Concellería de Benestar Social anuncia a posta en marcha de novos Cursos de Formación para usuarios do Plan de Inclusión (cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia).

O Plan de Inclusión materialízase en Santiago a través dun convenio entre a Vicepresidencia do Benestar e da Igualdade e o Departamento de Benesar Social. Dentro do mesmo desenvólvense varios cursos de formación, financiados a través da Orde de convocatoria que establece subvencións para o desenvolvemento de programas de incorporación social e laboral destinados a persoas en situación ou risco de exclusión social que publica a Vicepresidencia.

Ata o mes de decembro impartiranse varia cursos, coma o de "Técnicas de atención a persoas maiores", que se desenvolve a través da Fundación de Estudos e Análises (FESAN) e que, ademais, conta cun servizo de canguros comunitario prestado a través da Concellaría da Muller. Tamén haberá cursos de "Axudante de panadería-pastelería", "Expendedor de gasolina" e "Auxiliar de vixiante de seguridade", todos eles xestionados por Cáritas; de "Camareira de andares" impartido pola Plataforma Polo Emprego; e "Comunicación e atención ao público" que realiza a Fundación Mestre Mateo.

Compartir: