ALCALDÍA

O alcalde asistiu á conferencia do Nobel da Paz Kailash Satyarthi

08/05/2015 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asisiu no IES Rosalía de Castro á conferencia de Kailash Satyarthi, Premio Nobel da Paz en 2014.

O presidente da Marcha Global contra o Traballo Infantil mantivo un encontro con máis de 350 mozos e mozas, cos que falou sobre o seu labor de loita polos dereitos da infancia e da mocidade no seu país.

Compartir: