CULTURA

A compañía compostelá de danza La Incidente D-T presenta "Hambre" na Zona C

06/05/2015 A compañía compostelá de danza La Incidente D-T presenta o seu espectáculo Hambre dentro do ciclo Danza 2015. Será este xoves e de novo o venres, ás 20:30 horas, na Zona C. As entradas, a 6 euros, poden mercarse xa no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas), en entradas.abanca.com ou no 902 434 443, e tamén se poderán adquirir os días de función na propia Zona C dende ás 19:00 horas.

Hambre é unha peza de danza-teatro onde un personaxe pasa da irritación a saciarse das elucubracións mentais que pode crear co seu poder de funcionar para un sistema.

Nado en Guantánamo e formado na Habana, Leodán Rodríguez Casas comezou a desenvolver a súa actividade artística en España en 2004, colaborando como creador e intérprete con compañías como Losdedae Danza, (H)Artese de Danza, Entremáns, Ana Continente Danza…. Dende hai catro anos, Leodán Rodríguez Casas dirixe a súa propia compañía, con sede en Santiago de Compostela, La Incidente D-T.

Compartir: