TRANSPORTES

Un día para ir gratis no autobús

21/09/2006 Os composteláns que o desexen poderán viaxar por un día no autobús urbano de xeito gratuíto. Será o venres 22 de setembro, con motivo da celebración do Día sen Coches. Unha oportunidade para deixar o coche na casa e coñecer de primeira man este servizo de transporte.

Para beneficiarse desta iniciativa, os usuarios deberán entregar no autobús o cupón recortable aparecido estes días en "El Correo Gallego" e en "La Voz de Galicia". O cupón contén catro preguntas, coas que se quere recoller a opinión dos usuarios sobre o transporte urbano e tomalas como referencia para futuras melloras do servizo.

O Concello desenvolve esta campaña en colaboración coa Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (Tussa) e coa empresa concesionaria do servizo de transporte, Tralusa.

Compartir: