CULTURA

Irene Aranda Trío grava o seu novo traballo, "Tribus", no Teatro Principal

22/04/2015 Na compaña do zanfonista Germán Díaz e con Lucía Martínez á batería, Irene Aranda presenta Tribus, un proxecto musical e discográfico desta pianista e compositora andaluza, recoñecida como un dos novos valores máis sólidos da escena española do jazz, que se xestará e gravará ao vivo no Teatro Principal este xoves.

Tres músicos españois. Tres personalidades diferentes. Tres sons que se xuntan e potencian para descubrirse a si mesmos redescubrindo o concepto de trío. Iso son Irene Aranda, Germán Díaz e Lucía Martínez, que se unen neste proxecto musical denominado Tribus.

A actuación será este xoves 23 no Teatro Principal ás 21:00 horas. As entradas teñen un prezo de 8 euros (anticipada) e 10 euros no despacho de billetes. Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas), en madapro.es e en Merlín e Familia (rúa Xelmírez, 14).

Compartir: