ALCALDÍA

O alcalde visitou no Pazo de Fonseca a exposición coa que o xornal ABC conmemora os 20 anos da súa delegación en Galicia

16/04/2015 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visitou a exposición ABC, 20 anos en Galicia: Galicia, 112 anos en ABC. No acto inaugural da mostra tamén participaron, entre outros, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o reitor da USC, Juan Viaño; e o delegado de ABC Galicia, José Luis Jiménez. A exposición estará no Pazo de Fonseca ata o 3 de maio.

Con esta mostra, a delegación do diario ABC en Galicia quere conmemorar as súas dúas décadas de vida. Son cen paneis que recuperan imaxes, portadas e páxinas que ilustran a Galicia retratada por ABC nos seus 112 anos de historia. Especial relevancia ten a sección "Galegos ilustres", que recolle o paso polas páxinas do xornal de figuras como Julio Camba, Wenceslao Fernández Flórez, Sofía Casanova, Camilo José Cela ou Gonzalo Torrente Ballester.

Compartir: