CULTURA

Matrioshka Teatro presenta "C’est la vie" dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués

15/04/2015 A compañía compostelá Matrioshka Teatro presenta o seu espectáculo C’est la vie dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués. Será este xoves 16 de abril, a partir das 20:30 horas, no Teatro Principal. Ao espectáculo, polo tanto, pode entrarse co bono ou tamén mercando as entradas soltas, a un prezo de 10 euros. Poden retirarse no despacho de billetes do Teatro Principal, que está aberto de 18:00 a 21:00 horas.

Unha reflexión intensa e calidoscópica sobre o tempo e os seus rastros. Matrioshka Teatro tende aquí fíos entre a sorpresa de recoñecerse nese segundo que nos cambia a vida e a excitación de comprender que as horas se aceleran proporcionalmente á velocidade do corazón. Ensamblada peza a peza coma un delicado mecanismo de reloxería, mimada ata o máis mínimo detalle para lograr que o espectador se erga da butaca sentíndose tocado por unha brisa fresca e evocadora. C’est la vie é vida condensada.

Compartir: