DEPORTES

O Pavillón de Santa Isabel acolleu o II Torneo de Ximnasia Rítmica Viravolta Santiago

11/04/2015 A concelleira de Deportes, María Corral, entregou os trofeos do II Torneo de Ximnasia Rítmica Viravolta Santiago, organizado por este club en colaboración coa Concellería de Deportes e que se desenvolveu ao longo do sábado no Pavillón Municipal de Santa Isabel.

Este torneo congregou a unhas 370 deportistas pertencentes a 24 clubs galegos e un de Castela e León. Na xornada de mañá celebrouse a competición en categoría escolar e de promoción por conxuntos, mentres que pola tarde foi a vez para promoción individual e para a categoría absoluta individual.

Compartir: