ALCALDÍA

O alcalde participou nunha xornada de prevención do risco cardiovascular

11/04/2015 O alcalde de Santiago asistiu na Aula Gastronómica da Praza de Abastos á Xornada de detección e prevención do risco cardiovascular organizada pola Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria (Agefec). Como outras persoas que se achegaron ata as instalacións, Agustín Hernández someteuse a unhas probas para avaliar a súa saúde cardiovascular.

Neste mesmo ámbito sanitario, cómpre lembrar que Santiago acollerá do 23 ao 25 de abril o IX Congreso Nacional da Federación de Asociacións de Enfermería Comunitaria e Atención Primaria (Faecap), que reunirá no Palacio de Congresos e Exposicións a máis de medio milleiro de profesionais de España e Portugal.

Compartir: