CULTURA

Cristina Pato, Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña presentan "Rústica"

06/04/2015 Catro persoeiros da música galega, Cristina Pato, Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña únense nun proxecto común, Rústica, ofrecendo un único concerto en Galicia. Será este martes 7 de abril, ás 20:30 hora, no Teatro Principal, enmarcado no ciclo Sons’15. Trátase dun disco moi especial, editado por Fol Música, resultado de encontros casuais, sincronicidades, afinidades e descubrimentos.

Rústica é unha carta de amor ao incrible patrimonio cultural de Galicia, á amizade e á emoción. Gaita, acordeón, zanfona, pandeiros e voz son os instrumentos sobre os que foron medrando as cancións de Rústica. Un tesouro agochado que agora sae á luz froito da complicidade.

As entradas teñen un prezo de 8 euros anticipada e 10 euros o propio día do concerto. Poden mercarse na web e teléfono de Abanca (entradas.abanca.com ou 902 434 443) así como no despacho de billetes do Teatro Principal, que ten un horario de 18:00 a 21:00 horas.

Compartir: