ALCALDÍA

O alcalde presidiu a entrega dos premios do concurso "Coñece o teu concello"

28/03/2015 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presidiu no Pazo de Raxoi o acto de entrega de premios do Concurso de Redacción e Debuxo Coñece o teu concello, promovido polo xornal La Voz de Galicia.

Hernández felicitou os premiados e todos os participantes nun certame que anima os escolares a coñecer, contar e debuxar o seu Concello. "Coñecer o concello é unha das mellores cousas que un pode facer, porque nas casas, nos monumentos, nas formas traballar a terra ou de aproveitar a auga, hai moito de cada un de nós, do noso pasado, do noso presente e do que podemos ser no futuro", comentoulles o alcalde aos rapaces e rapazas galardoados.

"Cada recanto do noso pobo ou da nosa cidade pode sorprendernos con algo novo, algo que estaba aí e no que non tiñamos reparado", díxolles, en referencia a uns traballos que axudan a "coñecer un pouco mellor o noso Concello, coñecervos a vós e estarvos moi agradecidos de que nos mostredes a vosa arte e as vosas ideas, que nos axudan a comprender que temos moitas cousas cerca que se nos paramos nelas, sempre nos sorprenden".

Direcciones relacionadas



Compartir: