MERCADOS

Remodelación da Praza de Abastos

08/04/2005 O responsable do Instituto Municipal de Barcelona, entidade que supervisará a remodelación da Praza de Abastos, visitará o recinto compostelán

O concelleiro de Mercados, Xosé Manuel Iglesias, e o xefe de proxectos do Instituto Municipal de Mercados de Barcelona, Pere Xavier Sirbent, visitarán o recinto da Praza de Abastos este luns, 11 de abril.

O instituto barcelonés será o encargado de supervisar a execución do proxecto de reforma do mercado e con esta visita coñecerá sobre o terreo e en profundidade as características do mercado compostelán e os planes do Concello para a súa remodelación comercial e arquitectónica.

O Instituto municipal de mercados de Barcelona engloba a 50 mercados dos que Pere Xavier Sirvent foi o responsábel da coordenación da reforma de 24. Ademais este instituto está a coordenar a remodelación de mercados en cidades europeas como Londres e Budapest.

Esta prevista tamén ese mesmo día polo serán unha xuntanza na Casa do Concello cos representantes da Cooperativa de comerciantes da Praza de Abastos para intercambiar opinións sobre o proxecto de remodelación da Praza que podería comezar este mesmo ano.



Compartir: