ALCALDÍA
O alcalde asistiu á tradicional poxa das uñas no barrio de San Lázaro
23/03/2015 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu en San Lázaro á tradicional poxa das uñas, que se enmarca nas festas patronais deste barrio compostelán.
No pasado, a poxa das uñas era unha ofrenda a San Lázaro. Na actualidade, o recadado na poxa serve para sufragar os gastos das misas e para manter a capela.