CENTROS SOCIOCULTURAIS

O CSCXM do Ensanche acolle a décima edición da Pascua Polaca en Santiago de Compostela

19/03/2015 A Asociación Cultural Polonia en Galicia, por decima vez consecutiva, ofrecerá aos composteláns e aos galegos unha mostra das súas tradicións na Pascua Polaca 2015. Celebrarase este sábado, 21 de marzo, entre las 17:30 e as 19:30 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado 14-16). O programa inclúe varias actividades para nenos e adultos, como talleres de manualidades, concursos con premios ou degustación de doces típicos de Pascua.

A Asociación Polonia en Galicia convida a composteláns e galegos a coñecer a Pascua polaca. O acto é aberto e será unha amena forma de pasar un sábado en familia e, se a sorte acompaña, mesmo de levar un pastel polaco á casa.

A Asociación Cultural Polonia en Galicia é unha organización sen ánimo de lucro con sede en Santiago de Compostela que aglutina aos polacos e españois que senten algún vínculo con Polonia. Realiza as súa actividades en Galicia dende o ano 2006.

Direcciones relacionadas



Compartir: