CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Consello de Centros Socioculturais celebrou unha nova xuntanza

15/09/2006 A concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, presidiu o Consello, que se reuniu no novo centro sociocultural e xuvenil do Ensanche (Rúa Frai Rosendo Salvado, nº 14-16). Na xuntanza debatéronse as propostas para actividades do último trimestre do 2006, así como as prioridades nas actuacións das programacións en cada centro e as propostas para o orzamento do 2007.

Tralas celebradas o 15 de febreiro e o 7 de xuño, esta foi a terceira reunión do ano do Consello de Centros Socioculturais. Para a mesma escolleuse un centro que se incorporou hai pouco á Rede de Centros Socioculturais, leva xa funcionando desde principios de verán, pero inaugurarase oficialmente entre este mes e o vindeiro.

No Consello de Centros Socioculturais de Santiago están representados os membros da corporación, os técnicos da área, os representantes veciñais e os representantes doutras asociacións. Trátase dunha entidade moi dinámica que coñece de primeira man a realidade dos centros, xa que entre as súas funcións está a de planificar as liñas de actuación da rede de centros.

Compartir: