TURISMO

Turismo promociona a cidade como destino para "Meetings e incentives" no MIS 2015

16/03/2015 Turismo de Santiago, a través do Santiago Compostela Convention Bureau (SCCB), participa este martes na terceira edición do Meetings & Incentives Summit (MIS), que terá lugar en Madrid. O MIS é un novo evento innovador destinado exclusivamente a organizadores de eventos, tanto axencias especializadas como clientes finais, entre os que se atopan grandes empresas españolas e internacionais.

A terceira edición do MIS está inspirada nun novo formato focalizado nos "Intelligent Meetings" onde a aprendizaxe, a participación e a conexión entre os asistentes son a razón de ser do evento. Os participantes poderán descubrir novos formatos de reunións, saber como motivar aos participantes e as últimas tendencias en incentivos, así como establecer contactos de calidade en actividades de networking.

O SCCB, servizo de Turismo de Santiago para a promoción da cidade como destino de Congresos, Xornadas e Incentivos, participará no MIS como expositor. Como tal, ademais de contar cun espazo propio para amosar as posibilidades da cidade ao publico asistentes, terá tamén unha axenda de reunións seguindo tanto os intereses da cidade como dos propios compradores.

Compartir: