EDUCACIÓN

Finaliza o prazo de inscrición no Programa de Conciliación para a Semana Santa

12/03/2015 Este venres 13 de marzo remata a inscrición no Programa Municipal de Conciliación para a Semana Santa 2015, organizado pola Concellería de Educación. Este programa concíbese como un espazo educativo e de promoción do lecer, ademais de ser unha alternativa para de conciliación para as familias no tempo de vacacións da Semana Santa.

O Programa de Conciliación está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. As actividades desenvolveranse os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril nos CEIP As Fontiñas, Raíña Fabiola e Roxos-Villestro, de alcanzarse o número mínimo de participantes.

As familias poden inscribir nenos e nenas empadroados no Concello de Santiago ou que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria, entre o 2º ciclo de Educación Infantil e o 3º ciclo de Educación Primaria de Santiago. Teñen a opción de escoller entre participar todos os días do programa ou en días soltos

A inscrición realizarase a través Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa Presidente Salvador Allende, 4) ou no Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche (rúa de Frei Rosendo Salvado 14-16), cubrindo o formulario dispoñible nesta web, no Departamento de Educación ou nos propios rexistros. A admisión será por rigorosa orde de inscrición.

O horario será de 7:45 a 16:00 horas. O servizo de madrugadores (aula matinal) funcionará de 7:45 a 9:00 horas e poderá ser con ou sen almorzo. De 9:00 a 14:00 horas realizaranse os obradoiros e actividades. Finalmente, entre as 14:00 e as 16:00 horas, existe a posibilidade de que os rapaces fagan uso do servizo de comedor.

O prezo depende das modalidades ofrecidas, oscilando entre os 37,50 euros da opción de só actividades (dende as 9:00 ás 14:00 h), ata os 67,50 euros da opción máis completa para os catro días, incluíndo actividades, servizo de madrugadores con almorzo e servizo de comedor (dende as 7:45 ás 16:00 h). Para familias numerosas, os prezos irán dos 30 aos 54 euros. Para familias con escasos recursos establécense unhas reducións do 50 e do 100% do custo, segundo o informe expedido polo Departamento Municipal de Servizos Sociais. En caso de elixir a modalidade de días soltos, o prezo dependerá do número de opcións escollidas.

Direcciones relacionadas



Compartir: