CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Festival Internacional de Narración Oral "Atlántica" chega aos centros socioculturais

11/03/2015 Os centros socioculturais acollerán dúas sesións de contacontos para público infantil dentro da edición 2015 do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica. Este certame desenvolverá un intenso programa de actividades en Santiago de Compostela do 12 ao 19 de marzo.

O sábado 14 de marzo, ás 12:00 horas, o CSC Santa Marta, albergará a sesión titulada Contos populares do Xapón, a cargo do contador Yoshi Hioki. O mércores 18 de marzo, ás 18:00 horas, no CSC das Fontiñas, as contadoras Magda Labarga (Canarias) e Patricia MacGuill (Uruguai) conducirán un contacontos titulado Un mar, un mundo.

As entradas son de balde ata completar o aforo das salas.

Direcciones relacionadas



Compartir: