ALCALDÍA

Néstor Rego asume a alcaldía en funcións ata o día 22

14/09/2006 Desde o venres 15 de setembro, e ata o vindeiro día 22, Néstor Rego asumirá as funcións de alcalde, debido á viaxe que o rexedor compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, realizará a Madrid e a Bos Aires.

No Ministerio de Fomento, o alcalde reunirase co secretario de Estado de Fomento e co director xeral de Ferrocarrís, cos que abordará o tema da estación intermodal do AVE e as infraestruturas pendentes en Compostela. En Bos Aires, Sánchez Bugallo asistirá a dous concertos da Real Filharmonía de Galicia.

Compartir: