COMERCIO

O CERSIA acolle o vindeiro xoves a conferencia "Plan de marketing para todos", impartida por Xosé Luís Reza

07/03/2015 O vindeiro xoves 12 de marzo, ás 20:30 horas, celebrarase no edificio municipal CERSIA a conferencia "Plan de marketing para todos", dirixida a comercio, empresas, e demais axentes do tecido económico de Santiago. Está organizada pola Concellaría de Comercio en colaboración coa Asociación Galega de Marketing (Markea).

O relator será Xosé Luís Reza Pérez, presidente da Asociación Galega de Marketing). No curso analizará os aspectos máis importantes do marketing: estratexia, marketing operativo e marketing relacional.

Xosé Luís Reza é licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola USC, MBA pola Escola de Negocios NCG e Máster en eBusiness pola Universitat Politècnica de Catalunya. Desenvolveu toda a súa carreira en diversas responsabilidades de Marketing e Comercialización en compañías como R Cable e Telecomunicaciones Galicia, Fundación Semana Verde, Grupo Tecam e La Voz de Galicia. Na actualidade é socio consultor de Iuni Consulting e presidente de Markea, ademais de delegado en Galicia do Foro de Marcas Renombradas Españolas.

A asistencia a esta conferencia é totalmente gratuíta e, para inscribirse, os interesados simplemente debe enviar un correo electrónico á dirección comercio@santiagodecompostela.gal.

Compartir: