ALCALDÍA

O Concello colabora coa Asociación Española contra o Cáncer

13/09/2006 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu na Casa do Concello á presidenta da Asociación Española contra o Cáncer (AECC), Luz María Hernández. Durante o encontro, o alcalde fixo entrega á asociación dun pequeno donativo para contribuír ás súas actividades.

A Asociación Española contra o Cáncer é unha ONG de carácter benéfico asistencial e sen fin de lucro constituída en 1953 co propósito de loitar contra o cancro en tódalas modalidades coñecidas. Desenvolve a súa actividade en toda España grazas a 52 xuntas provinciais e está representada en máis de 2.000 localidades de todo o país.

Compartir: