CULTURA

Posponse "O principio de Arquímedes" por problemas de saúde dun membro do elenco

26/02/2015 A obra de teatro O principio de Arquímedes, prevista no Teatro Principal para este venres 27 e sábado 28, vén de ser cancelada pola compañía, Teatro do Atlántico, por problemas de saúde dun dos membros do elenco. En breve, tan pronto sexa posible, comunicaranse as novas datas da obra, para a que valerán as entradas xa mercadas.

Todos aqueles que queiran devolver as súas entradas xa mesmo teñen que facelo pola mesma vía pola que as adquiriron. Se foi por Abanca xa recibirían unha información do procedemento dende a entidade, sempre e cando facilitaran os datos de contacto. E se non o fixeron, poden poñerse en contacto con eles para calquera dúbida. Se as entradas se adquiriron no despacho de billetes do Teatro Principal, deben achegarse alí coas entradas para proceder ao reembolso.

En todo caso, as entradas xa mercadas valerán para as novas datas que se anunciarán en breve. Comunícase tamén que, unha vez anunciadas as novas datas, abrirasede novo un prazo de devolución das entradas por se esas datas non fora da satisfacción do cliente que xa tiña mercadas entradas.

Compartir: