CURTOCIRCUÍTO

As mellores curtas galegas de 2005 proxectaranse na Praza de Abastos

13/09/2006 A novena proxección semanal de CurtoCircuíto na Rúa, que ía ser no Parque de Belvís, trasládase, ante a previsión de choiva, á Praza de Abastos. Agárdase xuntar ao público habitual nesta praza, incrementando as máis de 3.000 persoas que xa teñen gozado do cinema en curto e maila música en directo que ofrece este Festival.

A partir das 22:00 horas, os amantes do cinema en curto poderán ver as mellores curtas de autores galegos producidas en 2005. A música poñeraa Mestre Pi, que abrirá a noite cunha sesión do mellor do rap, do hip-hop e clásicos de artistas estatais e internacionais do xénero.

Compartir: