CENTROS SOCIOCULTURAIS

Aberta a inscrición para os obradoiros de maxia nos centros socioculturais

24/02/2015 A maxia volve aos centros socioculturais cunha nova proposta formativa para os máis novos, que se poderán achegar ao mundo do ilusionismo da man de magos de recoñecido prestixio. Os locais de Fontiñas e do Castiñeiriño programan de marzo a xuño dous obradoiros desta Escola de maxia, dirixida a rapaces empadroados en Santiago con idades comprendidas entre os 7 e os 15 anos.

Os obradoiros, conducidos por magos profesionais con ampla experiencia no eido do ocio infantil e da docencia da maxia, permitirán aos participantes recibir formación teórica e práctica sobre a maxia e a posta en escena e sobre habilidades de comunicación verbal, apoiados por fichas de materiais didácticos. Aprenderán a facer maxia con moedas, clips, imperdibles, cordas, papeis..

Os obradoiros desenvolveranse de marzo a xuño de 2015, comezando na semana do 12 de marzo. No CSC do Castiñeiriño haberá un grupo de nivel iniciación, con clases os xoves de 17:00 a 18:00 horas, mentres o CSC das Fontiñas acollerá un grupo de nivel avanzado, con sesións os venres de 18:00 a 19:00 horas.

A inscrición pódese formalizar ata o 10 de marzo. O obradoiro ten un prezo de 15 euros e hai un número máximo de 15 prazas en cada grupo.

Información e inscrición nos centros socioculturais onde se desenvolverán os obradoiros:

- CSC do Castiñeiriño: rúa da Virxe de Fátima, 1. Teléfono 981 542 459.
- CSC das Fontiñas: rúa de Berlín, 13. Teléfono 981 528 750.

Documentos relacionados



Compartir: