ALCALDÍA

Os concellos de Santiago e Ames asinarán en marzo un acordo para promover infraestruturas comúns

23/02/2015 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, mantivo esta mañá en Raxoi unha reunión co seu homólogo de Ames, Santiago Amor, na que ambos abordaron a posta en marcha e a potenciación de políticas coordinadas en materia de infraestruturas, mobilidade e servizos comúns a ambos concellos.

Os dous alcaldes comprometéronse a concretar nun acordo, que se asinará no mes de marzo, as melloras que se consideran necesarias para melloras as conexións entre Santiago e Ames, co obxectivo de promover un continuo urbano sen rupturas que priorice o servizo ao cidadán cun nivel de calidade homoxéneo.

Tamén abordaron a posibilidade de levar a cabo actuacións conxuntas para mellorar o Camiño Portugués, que atravesa ambos concellos, e no que están previstas intervencións de sinalización e adecentamento.

Compartir: