PATRIMONIO

O Concello explica o operativo das festas do Apóstolo nunhas xornadas sobre seguridade en eventos ao aire libre nos cascos históricos

18/02/2015 Inauguráronse no Palacio de Congresos de El Greco de Toledo as xornadas sobre "A seguridad nos eventos ao aire libre nos cascos históricos", nas que participan preto de 40 técnicos, entre responsables de Extinción de Incendios e Seguridade, Mobilidade e Tráfico e Protección Civil dos 15 concellos que forman o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda.

Begoña del Río Martínez, responsable de Protección Civil e membro da Policía Local de Santiago intervirá este xoves nas xornadas para explicar a organización dos actos da festividade do Apóstolo.

Durante tres días (do 18 ao 20 de febreiro) cada unha das cidades exporá a súa experiencia na organización de grandes eventos da carácter cultural e lúdico que se desenvolven ao aire libre dentro dos recintos históricos das Cidades Patrimonio da Humanidade, facendo fincapié nas dificultades que implica tanto a coordinación entre as distintas áreas implicadas nos concellos como as peculiaridades dos espazos nos que teñen lugar este tipo de actividades, co seu complexo entramado urbano.

Compartir: