DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

O Concello limpou 81.000 metros de cunetas en 21 parroquias do rural compostelán

13/02/2015 A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, e o edil de Relacións Veciñais, José María Rosende, visitaron as obras de limpeza de cunetas realizadas na parroquia de Aríns, incluídas no programa de actuacións para rexenerar a drenaxe de diversas vías das parroquias rurais no termo municipal. Investíronse 59.526 euros nestes traballos, realizados entre decembro e xaneiro.

A intervención consistiu na limpeza das cunetas existentes, retirando vexetación e terra onde fora necesario, e o perfilado e refinado da totalidade das cunetas propostas. Tamén se retiraron restos e terra vexetal de noiros e gabias.

Actuouse sobre 81.060 metros lonxitudinais de cunetas en pistas de 21 parroquias: Santa Cristina de Fecha, San Xoán de Fecha, Grixoa, Verdía, Nemenzo, Busto, Marantes, A Barciela, Cesar, Carballal, Enfesta, San Caetano, A Peregrina, Figueiras, Villestro, Laraño, O Eixo, Marrozos, Aríns, Bando e Sabugueira.

Compartir: