CENTROS SOCIOCULTURAIS E RELACIÓNS VECIÑAIS

Cita de Entroido co programa "Imos ao baile"

12/02/2015 Este sábado 14 de febrero, as 20:30 horas, no Local Sociocultural da Gracia (San Silvestre, 6 – A Gracia), sesión do programa Imos ao baile, promovido polos departamentos de Centros Socioculturais e de Relación Veciñais.

A sesión estará amenizada polo grupo Elite e enmarcada nas actividades do Entroido do Concello de Santiago. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala. A actividade está dirixida a público adulto.

Compartir: