EDUCACIÓN

Proceso de admisión e matrícula do alumnado de Educación Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato. Curso Escolar 2015-2016

09/02/2015 O Departamento de Educación publica a información relativa aos procesos de admisión e matrícula para alumnado de Educación Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato para o curso 2015-16, co obxecto de que sexa accesible ás familias de Santiago de Compostela.

Esta información forma parte da colaboración entre a Inspección de Educación de Santiago de Compostela e o Departamento de Educación do Concello de Santiago. Adxúntase a seguinte documentación:

1. DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. DOG Núm.245 (26 de decembro de 2012).

2. ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria e de bacharelato reguladas na lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. DOG Núm. 53 (15 de marzo de 2013).

3. CORRECCIÓN de erros. Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. DOG Núm. 79 (24 de abril de 2013).

4. Instrucións da Dirección Xeral de Centros de Recursos Humanos sobre o proceso de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos para o curso académico 2015/16 (30 de xaneiro de 2015).

5. Modificación das Instrucións da Dirección Xeral de Centros de Recursos Humanos (3 de febreiro de 2015), sobre o proceso de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos para o curso académico 2015/16, de 30 de xaneiro de 2015.

6. Proceso de admisión de alumnos (2015-2016). Instrucións para os centros sostidos con fondos públicos. Xefatura Territorial da Coruña. 6 de febreiro de 2015.

7. ANEXO I. Reserva de praza.

8. ANEXO II. Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

9. ANEXO III. Documento de formalización de matrícula.

10. Cinco documentos:
- CENTROS ESCOLARES: Servizos complementarios (madrugadores, comedor e transporte).
- ZONAS DE INFLUENCIA DE CADA CENTRO EDUCATIVO (consulta por centro educativo).
- ZONAS DE INFLUENCIA (consulta por rúa).
- ZONA DE INFLUENCIA DE CADA CENTRO EDUCATIVO (descrición perimetral).
- CENTROS LIMÍTROFES

Direcciones relacionadas



Compartir: