ALCALDÍA

O Pavillón de Santa Isabel acolleu o VII Trofeo de Judo "Cidade de Santiago"

08/02/2015 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Deportes, María Corral, participaron na entrega de trofeos aos participantes no VII Trofeo de Judo Cidade de Santiago, celebrado esta fin de semana no Pavillón Municipal de Santa Isabel. Nesta xornada de domingo tivo lugar o Campionato Galego Júnior, tras realizarse o sábado a I Copa de España Infantil.

O Campionato Galego Júnior era valedoiro para a fase do sector oeste do Campionato de España 2015. Participaron os mellores competidores de entre 15 e 20 anos de toda Galicia en categoría, masculina e feminina.

Compartir: