CENTROS SOCIOCULTURAIS

Teatro, cabaré, novo circo e curtametraxes na programación da Sala Agustín Magán para os meses de febreiro e marzo

03/02/2015 Para os meses de febreiro e marzo, a programación de artes escénicas e audiovisuais da Sala Agustín Magán, do Centro Sociocultural de Santa Marta ofrece unha suxestiva oferta para públicos diversos, con espectáculos de balde ata completar a capacidade da sala.

Nesta programación inclúense dous espectáculos organizados a través da colaboración coa Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA). O sábado 28 de febreiro, ás 19:00 horas, O Trasno Novo Teatro representará Conversas na cuneta mentres a vida pasa alá fóra, e o sábado 14 de marzo, á mesma hora, vez para A casa do senador, de Hugo Daniel Marco, a cargo de Porta Aberta Teatro.

A programación escénica inclúe tamén unha sesión de cabaré da man de FarandOleiras, co título Un cabaré de película, o sábado 7 de febreiro ás 19:00 horas. Ademais, a Sala Agustín Magán acollerá o 21 de febreiro, ás 19:00 horas, o espectáculo de novo circo Contigüo, por Curvatura de A.

Para conmemora o Día Mundial do Teatro, o CSC de Santa Marta será tamén o escenario, o 28 de marzo, ás 18:00 horas, da representación de Valentino Rufini e Akil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can), un espectáculo familiar de Talía Teatro.

No eido audiovisual, o venres 20 de febreiro, ás 19:30 horas, haberá unha sesión de sete curtametraxes de animación para ver en familia, en colaboración co festival Curtocircuíto.

A programación destes dous meses complétase cunha sesión de contacontos o sábado 7 de marzo, ás 18:00 horas, e cun concerto da Asociación Cultural Alfaia o 21 de marzo, ás 19:00 horas.

Máis informaicón no CSC de Santa Marta (rúa de Antonio Rama Seoane, 6), no teléfono 981 543 017 e en www.santiagosociocultural.org.

Direcciones relacionadas



Compartir: