ALCALDÍA

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España asinou convenios de colaboración con Iberia e Turespaña

29/01/2015 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou na Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, celebrada nesta ocasión no pavillón de Andalucía en Fitur. Posteriormente, asistiu aos actos de sinatura de varios convenios promocionais do Grupo.

No stand de Iberia, o Grupo de Cidades Patrimonio asinou un convenio de colaboración con esta compañía aérea. Posteriormente, os representantes municipais subscribiron outro acordo promocional con Turespaña.

Compartir: