CURTOCIRCUÍTO

Seleccionadas as dez micromovies da sección "Anacos" de CurtoCircuíto

11/09/2006 O día da Gala de Clausura do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago CurtoCircuíto’06, o 21 de outubro, coñecerase a micromovie gañadora, que será escollida de entre as dez seleccionadas polo xurado desta sección oficial denominada "Anacos". Destas dez micromovies seleccionadas, unha procede de Thailandia e a outra de Italia; as restantes, son españolas. Todas elas aspiran a levar os 2.000 euros máis o trofeo.

A sección oficial "Anacos" é unha das novidades incorporadas á programación do Festival este ano, un formato en auxe que continúa sendo fiel á filosofía da curtametraxe, porque se trata de rodar breves historias de ficción susceptibles de emitirse nunha chea de soportes. O maior valor que ten este formato céntrase na condensación de historias baixo unha linguaxe máis publicitaria e impactante pola súa brevidade (arredor de trinta segundos), reducindo os contidos e a súa narración audiovisual –de habela– á súa mesma esencia.

Obras seleccionadas:

• "Caminito", da provincia italiana de Rovereto, dirixida por Osvaldo Cibils.
• "Contratiempo", do coruñés Andrés Victorero.
• "Diario de cicatrices", tamén da Coruña, dirixida por Olaia Sendón.
• "El Camino de carne", alicantina, de Txema García.
• "Hoy puede ser un gran día", da barcelonesa Laura González.
• "Surcos do tempo", da Coruña, dirixida por Enrique Otero.
• "The Path A Ruta", provinte de Compostela e presentada por Xavi Rey.
• "Tiro de gracia", de Pontevedra, presentada por Xosel Díez.
• "Unotxo", que ven de Barcelona da man de Diego Espinosa.
• "Way", thailandesa, presentada por Chin Tangsakulsathaporn.

Compartir: