ALCALDÍA

Axenda de Turismo de Santiago en Fitur 2015 na xornada do xoves 29 de xaneiro

28/01/2015 O programa da participación de Santiago en Fitur, a Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid do 28 de xaneiro ao 1 de febreiro, inclúe reunións profesionais, sinatura de convenios e a presentación de diversos productos. As actividades promocionais realizaranse fundamentalmente este xoves 29 de xaneiro.

10.00 h
No Pavillón de Andalucía, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participa na Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

11.30 h
No stand de Turgalicia, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, preside a presentación de Área Santiago Turismo. Intervirán tamén os alcaldes de Silleda, O Pino e Vedra.

12.00 h
No stand de Turgalicia, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, preside a presentación do proxecto Santiago Past View e de Compostela Gastronómica.

13.30 h
No stand de Iberia, Agustín Hernández participa na sinatura do convenio do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España con Iberia.

14.00 h
No stand de Turespaña, Agustín Hernández participa na sinatura do convenio entre o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e Turespaña.

Compartir: