ALCALDÍA

Agustín Hernández asistiu á presentación en Fitur do Plan Camiño 2021

28/01/2015 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu no stand de Galicia en Fitur ao acto de presentación de Turismo de Galicia en Fitur 2015, presidida polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Boa parte deste acto ocupouse da presentación do Plan Camiño 2021. Co horizonte no próximo Ano Santo, este programa adaptará o itinerario xacobeo ás novas afluencias de turistas; revitalizará as súas rutas; favorecerá a conservación e protección do itinerario, conforme aos valores da UNESCO; promoverá o seu estudio; e incidirá na súa difusión e divulgación, a través do sistema educativo ou as tecnoloxías.Estas medidas complementaranse coa posta en marcha este ano 2015 dun Centro Internacional de Acollida ao Peregrino en Santiago.

O titular da Xunta referiuse tamén á Catedral de Santiago e á posta en marcha dun programa de actuacións de conservación e restauración, coa implicación do Goberno de España. Ademais, Feijóo resaltou que o Camiño de Santiago sitúa Galicia no mapa internacional de destinos turísticos. Concretamente, o pasado ano, foron 237.886 os peregrinos que chegaron á capital galega, procedentes de ata 140 países diferentes, o que sitúa a 2014 como o mellor ano non xacobeo da historia en afluencia de peregrinos.

Compartir: