EDUCACIÓN

Os escolares composteláns volven a clase

11/09/2006 Os nenos e nenas de Compostela reencontráronse o luns 11 cos centro de ensino, cos seus profesores e cos seus compañeiros. Como é tradicional, logo da realización do plan de obras de mantemento e reparación dos centros de ensino, a concelleira de Éducación, Elvira Cienfuegos, realizou unha visita aos colexios CEIP Fontiñas, Vite e Raíña Fabiola.

A visita foi unha ocasión para comprobar a execución das diferentes obras e para saudar aos equipos directivos dos centros, así como aos membros das ANPAS. Unha oportunidade para todos de aproximrse á realidade educativa de Compostela.

Compartir: