TURISMO

Santiago consolida a súa recuperación turística co mellor dato de pernoctacións dende o Ano Santo 2010

24/01/2015 No ano 2014 consolidouse a recuperación turística de Santiago de Compostela, cun total de 1.164.673 pernoctacións. É a mellor cifra dende o Ano Santo 2010 e a terceira mellor dos últimos dez anos, só por detrás do propio Ano Santo e do ano 2009. Deste xeito, Santiago superou no 2014 as cifras dos anos anteriores, senón tamén as cifras dos anos previos ao comezo da crise económica. Por exemplo, no ano 2007 houbo 1.153.533 e no 2006 1.021.930.

A recuperación da demanda turística da cidade no 2014 apoiouse tanto no turismo internacional como no turismo doméstico. No 2014 Santiago sumou o seu terceiro récord consecutivo en pernoctacións internacionais, con 478.708 e un crecemento do 7,68% respecto do 2013. Entre 2011 e 2014 o número de pernoctacións de turistas estranxeiros na cidade aumentou en máis de 100.000.

Pola súa banda, o turismo doméstico consolidou a recuperación que comezou no 2013, chegando aos 685.965 pernoctacións. Pese ao crecemento do 4,58% que se produciu no conxunto do ano, debido á crise económica, esta cifra sigue por debaixo das cifras previas de turismo doméstico, que se sitúan por riba das 700.000.

O obxectivo de cara ao 2014 é superar o 1.200.000 pernoctacións na cidade. Sería a primeira vez da serie histórica do INE no que se superaría esta cifra, exceptuando os Anos Santos. Para conseguir este obxectivo, prevese que o turismo internacional pode alcanzar por primeira vez o medio millón de pernoctacións, gracias en boa medida ao incremento de conexións internacionais no aeroporto, e prevese tamén que o turismo español recupere as 700.000 pernoctacións, gracias a recuperación económica do país.

Compartir: